martes, 10 de septiembre de 2013

3, 2, 1... Despega un novo curso

Mañá 11 de setembro despega un novo curso escolar, recordarvos que os alumnos de 5º e 6º (Ana, Mariña, Rosa e Fini) serán recibidos polas súas profes na aula de acollida da entrada dianteira do pavillón, mentres que os alumnos de (Chelo e Antía) accederán pola porta traseira.

A recollida será a partir da 13:30 e todos os alumnos serán entregados pola porta principal, de xeito graduado.

Para unha maior organización pregamos todas as familias PUNTUALIDADE.

Moitas grazas pola súa colaboración e agora sí.... Despegamos!