jueves, 27 de junio de 2013

Vémonos en setembro!



Felices vacacións a todos os nosos nenos e as nosas familias! Esperámosvos o día 6 de setembro, no salón de actos do cole, para a reunión de principio de curso.

GRAZAS UN ANO MÁIS POR CONFIAR NO CENTRO E EN NÓS PARA A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS.

                                O equipo de Educación Infantil

Fin de Curso!

Despois de 9 meses cheos de miles de aventuras con todos os nosos compañeiros/ás e as nosas profes chegamos ao final do curso cargados de moitas actividades.
Por un lado a esperadísima saída medio ambiental que este ano tivo lugar na Granxa El KIRIKO, na que puidemos gozar de diferentes actividades adaptadas aos tres niveis.
Polo outro, como o tempo non nos acompañou, non puidemos ir á praia como pensaramos pero... puidemos gozar do cole só para nós, bailamos, fixemos talleres de maquillaxe, botamos carreiras de obstáculos polos corredores... pasámolo xenial!
E tamén o pasado xoves despedimos na graduación aos alumnos de 6º que se fixeron maiores e marchan a primaria. Ímolos botar moito de menos!
Deixámosvos, como sempre unha mostra de todas as actividades, o resto xa están á vosa disposición no Dropbox.















Mes de Maio! Mes da Virxe María!

O mes de maio estivo cargado de moitas actividades, empezando polos tradicionais maios do San narciso, dos que fomos participes na súa elaboración ata oféndaa floral que cada ano realizamos á virxe Maria na capela do cole.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra das fotos, o resto, poderédelas encontrar no noso Dropbox.
Parabens aos nosos compañeiros dos maios que gañaron varios premios.