Hoxe en día 30 de xaneiro os mais peques e os seus compañeiros de primaria levaron a cabo a
OPERACION BOCADILLO con motivo do día da Paz e a non
violencia. O diñeiro recadado nesta ocasión destinouse a Cáritas. Dende o equipo de educación Infantil queremos
darvos as grazas, unha vez máis pola vosa colaboración tan
desinteresada.
Aqui queda unha pequena mostra do
noso traballo no día de hoxe, o resto do material fotográfico xa esta na nosa carpeta de Dropbox.
Día tras día todos os papás e mamás adoitades preguntarlle aos máis peques; que tal o teu día no cole? Pois dende agora, non só podedes escoitalo se non tamén velo. Dende este blog as mestras de Educación Infantil pretendemos crear un espazo aberto que sexa un punto de encontro, onde a información e a educación "saia" do cole e voe ata un recuncho das vosas vidas. Moitas grazas por elixir este centro para a educación dos vosos fillos/as.