sábado, 5 de octubre de 2013

San Vicente de Paúl!

Como todos os anos o 27 de setembro o cole se volve vestir de festa para celebrar o dia  do noso fundador, San Vicente de Paúl, os máis peques como é costume celebrámolo con actividades nas aulas e todos xuntos, recordando a súa vida, a súa obra e a importancia que teñen a súa ideoloxía cada día nos nosos centros e que nos fai únicos.
Deixámosvos unhas pequenas imaxes, o resto do material poderédelo descargar dende o Dropbox.






 

Almorzo solidario!

Recordade todos os mércores recolleremos un cartón de leite para axudar a Caritas Maín, esta campaña está dirixida a que ningún neno se quede sen almorzo, xuntos podemos facer grandes cousas!

Grazas un vez máis pola vosa colaboración, O Equipo de  Eduacción Infantil.

Valor Vicenciano de este ano, a Sensibilidade!


martes, 10 de septiembre de 2013

3, 2, 1... Despega un novo curso

Mañá 11 de setembro despega un novo curso escolar, recordarvos que os alumnos de 5º e 6º (Ana, Mariña, Rosa e Fini) serán recibidos polas súas profes na aula de acollida da entrada dianteira do pavillón, mentres que os alumnos de (Chelo e Antía) accederán pola porta traseira.

A recollida será a partir da 13:30 e todos os alumnos serán entregados pola porta principal, de xeito graduado.

Para unha maior organización pregamos todas as familias PUNTUALIDADE.

Moitas grazas pola súa colaboración e agora sí.... Despegamos!

jueves, 22 de agosto de 2013

Reunión de apertura do curso 2013/2014

Estimadas familias, o verán está a punto de rematar e o equipo de Educación Infantil está listo para comezar un novo curso cargado de miles de aventuras e sorprendentes propostas.
Invitámosvos a todos á reunión de apertura/información do curso que terá lugar o próximo venres 6 de setembro ás 17:30 no salón de actos do colexio.


jueves, 27 de junio de 2013

Vémonos en setembro!



Felices vacacións a todos os nosos nenos e as nosas familias! Esperámosvos o día 6 de setembro, no salón de actos do cole, para a reunión de principio de curso.

GRAZAS UN ANO MÁIS POR CONFIAR NO CENTRO E EN NÓS PARA A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS.

                                O equipo de Educación Infantil

Fin de Curso!

Despois de 9 meses cheos de miles de aventuras con todos os nosos compañeiros/ás e as nosas profes chegamos ao final do curso cargados de moitas actividades.
Por un lado a esperadísima saída medio ambiental que este ano tivo lugar na Granxa El KIRIKO, na que puidemos gozar de diferentes actividades adaptadas aos tres niveis.
Polo outro, como o tempo non nos acompañou, non puidemos ir á praia como pensaramos pero... puidemos gozar do cole só para nós, bailamos, fixemos talleres de maquillaxe, botamos carreiras de obstáculos polos corredores... pasámolo xenial!
E tamén o pasado xoves despedimos na graduación aos alumnos de 6º que se fixeron maiores e marchan a primaria. Ímolos botar moito de menos!
Deixámosvos, como sempre unha mostra de todas as actividades, o resto xa están á vosa disposición no Dropbox.















Mes de Maio! Mes da Virxe María!

O mes de maio estivo cargado de moitas actividades, empezando polos tradicionais maios do San narciso, dos que fomos participes na súa elaboración ata oféndaa floral que cada ano realizamos á virxe Maria na capela do cole.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra das fotos, o resto, poderédelas encontrar no noso Dropbox.
Parabens aos nosos compañeiros dos maios que gañaron varios premios.








miércoles, 20 de marzo de 2013

Adeus inverno, ola primavera!

Con motivo da chegada da primavera os alumnos e alumnas de E. Infantil quixeron despedir o Sr. Inverno cunha riquísima CHOCOLATADA con churros, que foi celebrada no comedor do colexio. Xa podedes ver todas as imaxes na nosa carpeta Dropbox.







Moitas grazas por colaborar con nos!

jueves, 7 de marzo de 2013

O Circo chega ó Cole!

Este curso eliximos como temática para o  entroido o circo, e aos máis peques tocounos ir de ANIMAIS!
As xirafas, tigres, os monos, os cabalos e as nosas domadoras traballamos moito para preparar os bailes que esperamos gustásenvos.
Aqui deixámosvos unha pequena mostra, o resto da reportaxe podrédela encontrar en Dropbox.
 
 
 




miércoles, 30 de enero de 2013

Día da Paz e a non violencia!

Hoxe en día 30 de xaneiro os mais peques e os seus compañeiros de primaria levaron a cabo a OPERACION BOCADILLO con motivo do día da Paz e a non violencia. O diñeiro recadado nesta ocasión destinouse a Cáritas. Dende o equipo de educación Infantil queremos darvos as grazas, unha vez máis pola vosa colaboración tan desinteresada.
Aqui queda unha pequena mostra do noso traballo no día de hoxe, o resto do material fotográfico xa esta na nosa carpeta de Dropbox.