jueves, 15 de noviembre de 2012

Magosto!

Os alumnos/ás de Educación Infantil celebraron hoxe a tradicional festa do magosto, nun día inmellorable. Para esta festa contamos coa participación dun castañeiro que amenizou a mañá. A xornada comezou coa realización de pequenas actividades nas aulas para pasar a unha merenda colectiva no patio dos maiores, despois dunha boa lupanda, recollemos nosas castañas para gozar deste típico froito do outono e para rematar xogamos a diferentes xogos entre os que se encontraban, "Pasa a Castaña", "Pesca a Castaña", "a castaña lambona", "A caixa sorpresa"... Todos disfrutamos moito deste día e da celebración. Aquí deixámosvos a mostras.



Grazas unha vez máis por colaborar connosco!

domingo, 4 de noviembre de 2012

Samaín!

Esta semana celebramos a festa do Samaín co noso tradicional concurso de cabazas.
Con motivo diso durante o luns, martes e mércores nosos nenos despois dun duro traballo expuxeron as súas obras para deleite de todos os nosos alumnos e os papis e mamis que se achegaron á exposición. Pero foi o mércores cando un grupo de profesores de Educación Primaria deron o premio a un alumno/a de cada clase, valorando a creatividade, o traballo, e a participación dos máis pequenos.
A xornada do mércores foi moi diferente á habitual, xa que en vez de profes nas aulas tíñamos bruxas. Durante as primeiras horas da mañá traballamos  fichas e pequenas manualidades, para despois pasar ás actividades grupais na biblioteca, que consitiron na lectura do conto "O espello enmeigado" e a representación teatral da obra "A bruxa Coruxa", escritos e ilustrados pola Profe Mariña e representados por todas as profes de E.I.
A xornada finalizou coa entrega de premios do concurso de cabazas, unhas chuches para cada alumno/a pola súa participación e xogos no patio.
Aquí vos dejamnos unha pequena mostra das nosas actividades non sen antes agradecervos a vosa colaboración.




 



















GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!