domingo, 30 de septiembre de 2012

Completado o Período de adaptación!

Ao finalizar o mes de setembro dáse por concluído o período de adaptación destinado aos alumnos de 4º de educación infantil. Os máis pequenos de cole completaron con éxito oa súa adaptación ao noso centro escolar e xa podemos dicir que a xogan,merendan, aprenden e traballan como maiores!
Unha vez máis queremos darlles os máis peques e ás súas familias a benvida e as grazas por elixir o noso centro.

























jueves, 27 de septiembre de 2012

Como marca a tradición, o colexio vístese de festa!


Todos os 27 de setembro os Colexios Vicencianos vestímonos de festa para celebrar un acontecemento importante, a festa do noso fundador, San Vicente de Paúl.
Con motivo diso os máis pequenos traballamos un amplo abano de actividades relacionados coa temática, entre as que se incluian, conto sobre a vida e obra do fundador, posta común na biblioteca, cantamos e bailamos cancións relacionadas e realizamos unha pequena manualidade que levamos hoxe para as nosas casas.
















Dende o equipo de Eduación Infantil esperamos que lles gustase e desexámoslles un Bo día de San Vicente Paúl!

viernes, 21 de septiembre de 2012

Educación Infantil, Pola Vida!

Como todos sabedes, cada ano os centros Vicencianos eliximos un tema para traballar ao longo do curso escolar, e este ano o elixido foi vida e ecoloxía, co lema "Centros Educativos Viecncianos pola vida" o que quere expresar o compromiso dás nosas comunidades educativas a acoller, promover e respectar a VIDA como regalo de Deus, como motivo de agradecemento, loanza e compromiso con todo o creado.

Con motivo diso traballaremos nas nosas aulas de Educación Infantil, a través das xornadas de sensibilización, con divertidas e diferentes actividades individuais e grupáis en forma de fichas, películas, debuxos... para conseguir ao final de curso o "Pasaporte para a vida", por  ser un bo defensor e coidador da Vida no noso planeta Terra.

Hoxe venres realizamos a primeira actividade grupal cos nosos nenos de Educación Infantil, acudindo ao salón de actos a visualizar a película "Lorax: En busca da Trúfula perdida".

Nela nárrasenos a historia dun rapaz que busca o obxecto que lle permitirá gañar o afecto da rapaza dos seus sonos. Para conseguilo, debe descubrir a historia do Lorax, unha encantadora aínda que malhumorada criatura que loita por protexer a un mundo en vías de extinción.



martes, 11 de septiembre de 2012

Preparados, listos, xa! Despega un novo curso!


Esperámosvos mañá día 12 de Setembro ás 8:30 nas aulas de acollida. Recordar os alumnos de 4º (3 anos) recibiranos as súas profesoras na aula da dereita mentres que os alumnos de 5º e 6º (4 e 5 anos) o farán na da esquerda.

martes, 4 de septiembre de 2012

Comeza un novo curso!

Reunión informativa para pais e nais de Educación Infantil



 

Esperámosvos o Mércores 5 de setembro ás 17:00 horas no Salón de actos do colexio