jueves, 17 de noviembre de 2011

Un magosto moi esperado


Despois de chover, chover e chover no día de hoxe o tempo deunos unha pequena tregua para celebrar o tan esperado magosto.

Hoxe os mais peques do cole celebramos esta tradicional  festa , con motivo disto, traballamos a temática nas aulas, coloreando castañas, personalizando os nosos cucuruchos para levar para casa e este ano como novidade contamos cun castañeiro que preparou as castañas nun fabuloso tren.
Celebramos a nosa festa no patio dos maiores, merendamos todas as clases xuntas,  degustamos castañas ben quentiñas, pintamos a cara con carbón e finalmente xogamos todos xuntos un anaco no patio.
¿Queredes ver que tal o pasamos?










 

viernes, 11 de noviembre de 2011

Comeza o Ñan-Ñan!

O pasado venres  tal como se indicou na reunión de comezo de curso empezou o Recetario Ñan-Ñan. Este proxecto, trátase de un libro colectivo programado dentro das actividades do Plan Lector que cada venres, un neno ou nena levará e terá que traelo de volta, a poder ser o luns.
O obxectivo de este proxecto é que o neno vivencie, experimente e participe na elaboración dunha receita, preferiblemente saudables, sinxelas e variadas, e desenvolva tamén habitos de hixiene e alimentación.
As receitas terán que seguir o modelo-guión da mestra-titora:
-Ingredientes
-Utensilios
-Elaboración
Podremos decorar a nosa receita con debuxos, fotografías, recortes de revistas e poderán traer a mostra para compartir cos seus compañeiros/as na clase.
A primeira das recetas fixémola xuntos na clase tratábase dun Roliño Salgado feito con pan de molde, queixo de untar e xamón cocido que posteriormente adornamos e levamos para casa.
Bótalle un ollo o resultado!



Unha vez mais moitas grazas por colaborar connosco e...


                                                                            BO PROVEITO!

martes, 1 de noviembre de 2011

Celebramos o Samain!

Como tódolos anos os mais peques de Educación Infantil celebramos a festa do Samain, con motivo disto, traballos a temática da festa, decoramos as nosas aulas e realizamos un concurso de cabazas, todas elas moi orixinais, que fixeron os nenos e nenas coa axuda indispensable das súas familias.
Bótalle un ollo a tódalas creacións e os mais peques coas súas “Bruxas”.
Clase da bruxa Verde (Rosa 4ºA)


Clase da bruxa Morada (Fini 4ºB)



Clase Azul (Chelo 5ºA)


Clase da bruxa Lila (Antía 5ºB)  
Clase da bruxa negra (Marina 6ºA)
Clase da bruxa Amarela (Ana 6ºB)
Pero por desgraza, e tomando decisións moi complexas….. un grupo de mestres de educación primaria elixiron un gañador por aula, e os elixidos foron:

Para seguir coa festa, as mestras de infantil preparamos un pequeno teatro, no que tres bruxiñas moi desobedientes  eran atrapada  por un bruxa negra  moi mala da que finalmente serian rescatadas pola súa nai e a bruxa malvada escarmentada e encerrada nunha cabaza para sempre.
Aquí tedes algunhas imaxes da obra e dun publico que estivo moi, moi atento.




Para finalizar este dia de Samain bailamos todos un clásico dos Cantaxogos  “La Brujita tapita”, comemos algunhas chuches e rematamos a maña divertíndonos  un anaco no patio.









Pero… non queremos rematar esta publicación no blog sen darvos as garzas  pola vosa axuda, da que sen ela, esta festa non sería posible. 
 GRAZAS A TODOS POR COLOBARORAR CON NOS !

domingo, 9 de octubre de 2011

¡Chegou o outono!

Con motivo do cambio estacional os nenos e nenas de infantil realizamos unha pequena excursión o Parque dos Sentidos, mais coñecido como a Granxa Briz, para descubrir de primeira man as modificacións que o outoño desixou o seu paso, os cambios nas cores  das árbores, as follas caídas no chan, os froitos do outono… pero tamén tivemos tempo para disfrutar xogando, merendar cos nosos compañeiros, experimentar cos  instrumentos e relaxarnos cun  conto xigante! En definitiva, utilizando os cinco sentidos para vivenciar o outono.
¿Veste de excursión con nos?
Mércoles 5 de Octubro: 6º A e B (Marina e Ana)






Xoves 6 de Octubro:  4º A e B (Rosa e Fini)









Vernes 7 de Octubro: 5º A e B (Chelo e Antía)





martes, 27 de septiembre de 2011

¡O cole vístese de festa!

Hoxe día 27 de septembro celebramos a festa do noso fundador San Vicente de Paul, consiguiendo así 85 anos de obra Vicenciana en Marín. Por isto, hoxe os mais peques traballaron conceptos sobre a vida e misión de San Vicente.
¡Vótalle un vistazo as nosas creacións!

Se queredes ter mais información sobre  o noso fundador e a sua obra en Marín non vos olvidédes  en entrar nos seguintes enlaces:

“Dadme  hombres y mujeres  de Oración y serán capaces de todo” San Vicente de Paúl

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Apostando por unha Educación Integral e en Valores

Buscando a Verdade.
Ano tras ano os colexios Vicencianos basados nos seus principios de formación integral, opción polos mais débiles,  compromiso pola xusticia, a solidaridade,  o respecto a vida, a naturaleza e a vivencia dos valores evanxélicos, cuestións, todas elas, que marcan o noso estilo educativo,  eliximos un valor para ser traballado durante o ano lectivo. O pasado curso traballamos  “O  respecto” cun lema que dicía “O respecto comenza en ti” e este ano xiraremos  en torno a  “Verdade”.

Con motivo disto a nosa  máxima como educadoras xirará en torno a axudar os nosos pequenos a  descubrir e vivir o valor da verdade buscando a coherencia entre o que somos, sentimos, pensamos, dicimos e facemos.
Para todo isto traballaremos cada día dende as nosas aulas a través das xornadas de sensibilización, actividades tics, contos, películas, titorías…. Na procura dunha educación integral e en valores.
A primeira destas actividades foi realizada de maneira conxunta por tódolos nenos e nenas de educación infantil  os cales reunímonos ó pasado luns 19  para ver unha película moi gráfica sobre este valor.